InicioOrientalRibadeoAnulado o ditame do IGN que pedía a denominación 'Ría del Eo'...

Anulado o ditame do IGN que pedía a denominación ‘Ría del Eo’ para a ría de Ribadeo

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, declara que "a Ría é de todos e todas, une e non separa, pero leva o nome do resto das rías galegas e do Cantábrico en xeral, que é o nome da poboación mais importante ao longo da historia”.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde, Fernando Suárez, valora de xeito positivo a decisión do Ministerio de Transportes de anular o ditame do Instituto Geográfico Nacional de establecer como cooficial a denominación de Ría del Eo. Ese departamento ven de estimar parcialmente os recursos interpostos polo Concello, pola Xunta de Galicia, pola Deputación de Lugo e por varias asociacións. O rexedor alude a irregularidades na tramitación do procedemento e lembra que as rías levan o nome da poboación mais importante ao longo da historia. 

Suárez Barcia declarou que “como xa manifestamos hai meses, tiñamos observado e advertido de irregularidades na tramitación do procedemento, un procedemento administrativo moi mal tramitado pois tomáronse decisións sen motivación e con moita opacidade, e iso non é outra cousa que unha arbitrariedade, feito polo cal recorremos tanto a forma como o fondo do asunto… E que agora veñen de darnos a razón”.

Para o rexedor ribadense “houbo unha chea de argumentos históricos, científicos, académicos, de razón e de dereito para que o nome da Ría é o que é e o que foi. A Ría é de todos e todas, une e non separa, pero leva o nome do resto das rías galegas e do Cantábrico en xeral, que é o nome da poboación mais importante ao longo da historia”.

E engadiu: “confiemos agora que todos os argumentos do Concello, da Deputación, da Xunta e do resto de entidades que defendemos a legalidade e a historia, sexan tidos en conta e ese Ministerio obre a partir de agora conforme ao dereito e á razón”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...